Desde a Biblioteca do centro imos facer un "calendario solidario" cuxa
recadación irá destinada ao banco de alimentos "Rías altas". A donación
poderá efectuarse de dúas maneiras, poderase colaborar con alimentos ou
ben con diñeiro. A idea é que cada día donaremos un tipo de alimento
(por exempo, o día 9 café, o día 10 arroz...), ao día seguinte farase
pública a cantidade de alimentos recadados en función das donacións.
O sistema será o seguinte:
-para
donar alimentos (os que se queira) haberá un depósito ao lado da árbore
e poderase facer ao longo do día dentro do horario do centro.
-para
donar diñeiro haberá que facelo na biblioteca dentro do seu horario (
de luns a venres de 08:30 a 14:00 e luns de 16:30 - 19:45). Alí haberá
unha hucha custodiada polo profesor de garda. Todo o que done cartos
recibirá un boleto que se depositará nun recipiente ao lado da árbore e
entrará nun sorteo que se fará publicamente o día 20.
Os
cartos recadados serán destinados a alimentos que se levarán a "Rías
altas" e será o persoal da biblioteca o encargado de mercalos e de
poñelos xunto á arbore, toda a recadación farase pública nas redes
sociais para asegurar a transparencia da iniciativa.
Agradecemos especialmente ao alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais pola súa axuda na montaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva