A lectura de hoxe levounos a emprender unha aventura extraplanetaria. O noso vehículo para a viaxe foi a novela Marte, de Andy Weir, unha obra que mixtura a ciencia-ficción co humor e tamén co thriller.
A sesión deu para experimentar sobre o tamaño e a distancia da Terra, Marte e a Lúa...
Falar de moitos libros que teñen a marcianos, extraterrestres e replicantes coma protagonistas...
E por suposto, probar un extraordinario pastel de pataca... Xa lle gustaría a Mark Watney ter estes praceres gastronómicos en Marte.
A próxima sesión promete máis sorpresas e o pracer de contar coa autora da obra. Se queres saber de quen se trata, únete ao noso Club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva