Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. No noso centro cóllenos cheos de preparativos e plans, para facer que o noso IES teña unha #Biblioviva todo o ano.
Contámosvos un pouquiño.
- A vindeira semana faremos unha actividade de formación de usuarios para os alumnos de 1º de Bacharelato
- Onte chamáronnos da Fundación Barrié para darnos a nova de que fumos seleccionados para acoller a MatExpo, unha exposición itinerante que nos achega ás matemáticas dun xeito ameno e visual, recordando que as matemáticas están en todo o que nos rodea e descubrindo a estreita relación entre esta disciplina e outras como as artes ou a literatura; todo elo, a través dos traballos de mais dun centenar de alumnos galegos. A exposición consta de 6 tótems verticais nos que se amosan:
- 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de 140 caracteres e onde cada unha das palabras empregadas ten un número de letras igual ás sucesivas cifras do número pi)
- 24 Fotografías Matemáticas (Imaxes gráficas comentadas que resaltan a través de fotografías a presencia constante dos elementos matemáticos ao noso arredor para por de relevo a sua utilidade na nosa vida cotiá) Gracias a educabarrié!!!Podedes atopar mais información en:
- http://mateblog.educabarrie.org/concurso-de-esopias/
- http://mateblog.educabarrie.org/concurso-de-fotografia-matematica/
- http://www.educabarrie.org/gl
Mentras, seguimos traballando na construcción da nosa biblioteca virtual.Como vedes, moitos plans en marcha!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva