O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para reflexionar sobre este problema, as súas causas e as vías para solucionalo, propoñémosvos o visionado deste cortometraxe rodado polos irmáns Esteban Alenda, nominado aos premios Goya no ano 2011, "El orden de las cosas"
Este curto é unha sucesión de acertadas metáforas e recursos visuales
mediante as cales os irmáns César e José Esteban Alenda mostran a súa visión sobre a
problemática dos malos tratos. Así desde a omnipresencia do auga como o
valor e o estado de ánimo da protagonista, cuxo nivel vai variando, a
ese cinto que Marcos busca desesperadamente ao ser a herdanza que
recibiu de seu pai.
A protagonista é Julia e a súa vida encerrada nunha bañera de tristeza e soños
truncados, de violencia machista e silencios cómplices, do medo que
paraliza ás mulleres maltratadas. Pero esta historia, sobre todo, fala
de esperanza e de valentía, dese valor que se reúne pinga a pinga para
poder cambiar a orde das cousas e construír unha nova vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva