A desculpa eran os seus libros de relatos "Salseiros" e "Xeixos", que falan do mar, da vida dunha vila coma Corme, pero que podería ter sido calquera outra de Galicia.
Aquí queda unha mostra dos seus relatos e de coma tiña envelesados aos asistentes
<
Pero o mellor foron as súas recomendacións animando á lectura, a descubrir nos libros outros horizontes. Compartiu con nós a súa propia experiencia coma mariñeiro e da vida no barco, onde os libros foron a vía de escape para os longos días no mar. Falounos da emoción e orgullo de ter sido un alumno da Laboral e hoxe sentarse da outra banda, para impartir leccións como autor dos seus relatos.
Non se cansou de insistir aos rapaces que foran cidadáns críticos, que non aceptaran o que publican sen máis os medios, que contrastaran, que buscaran a verdade e que se comprometeran. Aproveitou para recordar outros tempos máis reivindicativos e traernos á memoria a loita da Laboral no conflicto das Encrobas, do que se cumpren agora cuarenta anos.
Neste video queda recollido parte do seu relato
Agradecemos moitísimo a Suso que viñera e non puidemos menos que agasallalo coa litografía que fixemos con motivo do noso cincuenta aniversario.
Nos exemplares das súas obras quedounos a súa sinatura, coma recordo do día
Preciosa actividade!
ResponderEliminar