28 de marzo de 2017

Discapacidade e integración: Manuel Esteban no noso Club de Lectura

O noso Club de Lectura ten prevista unha nova sesión o vindeiro luns, 3 de abril, para recibir a Manuel Esteban autor da novela "A ira dos mansos" galardoada co Premio Xerais de Novela 2016.

A temática de fondo desta obra (a discapacidade e a integración) ten especial interese para nós, xa que os nosos alumnos do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas colaboran co centro Aspadisol (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Oleiros), recibindo aos seus usuarios nas nosas aulas todas as semanas para desenvolver o módulo de actividades físicas para persoas con discapacidades.

O luns teremos ocasión de escoitar as voces do autor (cuxo fillo ten síndrome de Down), xunto coa directora de Aspadisol, dúas profesionais do Centro Alere de Psicoloxía e Logopedia e tamén participará algunha familia. Todos eles tratarán de trasladarnos as dificultades que cada día atopan estas persoas para integrarse de pleno dereito nunha sociedade que se mostra de costas, moitas veces por simple descoñecemento da súa realidade.

Sirva de exemplo moi significativo este video

Igualmente queremos agradecer ás Bibliotecas Municipais de A Coruña a cesión temporal de fondos para ilustrar esta temática na nosa biblioteca.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva