4 de abril de 2017

"A ira dos mansos", moito máis que unha lectura





A lectura de "A ira dos mansos" deunos a oportunidade de abrir o noso Club de Lectura ao centro e invitar ao debate e reflexión que este libro leva consigo a outros alumnos do centro moi implicados co tema de fondo da obra: a discapacidade e a integración.

Consideramos que tiñamos que invitar aos alumnos do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, que todos os luns acollen nas súas aulas aos usuarios da Asociación de Pais de Discapacitados de Oleiros (Aspadisol) para desenvolver algún dos módulos de atención a persoas con discapacidades.

O debate resultou moi enriquecedor xa que ademáis do autor Manuel Esteban (cuxo fillo ten síndrome de Down) participaron no debate a Directora de Aspadisol, dúas profesionais que atenden no seu gabinete a persoas discapacitadas e tamén escoitamos a voz das familias, na boca de algunhas compañeiras do centro que teñen fillos con discapacidades.

Está claro que os libros e os Clubs de Lectura poden axudar a formar cidadáns comprometidos e implicados e que abren novas portas para traballar fóra das paredes da biblioteca escolar.

Unhas fotos da sesión










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva