Nacida en Culleredo foi unha importante activista galega, sufraxista e presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña. Un exemplo de muller comprometida coa causa da igualdade de dereitos entre os sexos, do acceso da muller á cultura e da súa dignificación.
Esta coruñesa, que pasaba os veráns en Culleredo, na súa farmacia de Santiago dispensaba durante a etapa franquista anticonceptivos sen receita médica, apoiando a decisión libre das mulleres de elixir como e cando queren ser nais
Maruxa foi unha muller
humanista, hixienista e,
sobre todo, libre. Unha liberdade
que se fai
ben patente durante os duros e escuros
anos do franquismo. Anos de restricións de
carácter político, social e cultural especialmente duros para as mulleres. Anos
en que está prohibida a práctica do aborto e o emprego de
calquera
método anticonceptivo diferente ao do
ineficaz calendario “ogino”.
E anos en que Maruxa,
saltando as regras
impostas polo goberno,
comercializa na súa
botica calquera
tipo de anticonceptivo sen receita
médica (pílula,
preservativo…).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva