A primeira enfermeira de saúde pública internacional
Isabel Zendal foi a única muller que
participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina da Varíola. A pesar de
construír un dos piares esenciais no seu éxito, é a grande esquecida nunha
historia escrita por e para homes.
Esta expedición foi patrocinada
por Carlos IV e tiña o obxectivo de
levar a vacina ás colonias españolas en América.
Parte do porto da Coruña, e nela
participan un equipo médico e 22
crianzas dos hospicios de Madrid, Santiago e A Coruña. Isabel acompaña estas
crianzas na expedición, responsabilizándose do seu coidado.
A
máis brillante matemática do noso país, viviu allea ao recoñecemento, pese a
ser pioneira no campo da álxebra e ter dirixido as teses doutoraies
dos máis relevantes matemáticos de hoxe en día.
María Wonenburguer é considerada unha das máis
importantes especialistas en álxebra, foi a artífice dunha das máis complexas
teorías matemáticas e foi solicitada
como directora das teses doutoraies de oito prestixiosos matemáticos
de hoxe en día. Foi pioneira en licenciarse en matemáticas, obter unha bolsa Fulbright e ser a única profesora de
matemáticas en claustros universitarios unicamente masculinos. Ironicamente,
durante o franquismo non lle recoñeceron a tese doutoral que desenvolvera en
Canadá, e viuse obrigada a realizar un novo traballo académico. Con 56 anos
retírase para cuidar a súa nai.
A novelista, poeta e xornalista
culleredense
foi
unha
das primeiras
mulleres correspondentes
de guerra do noso
país, chegando
a narrar as dúas guerras mundiais
e a revolución bolchevique.
Sofía Casanova foi unha pioneira do xornalismo, viaxeira
incansable e testimuña dos grandes acontecementos que tiveron lugar na Europa da primeira mitade do
século XX. Traballou tamén
como tradutora xa que dominaba, ademais do castelán e o galego, outros
seis idiomas. A súa produción
literaria foi inxente, chegando a
ser nominada ao Premio Nobel de Literatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva