7 de marzo de 2019

Mulleres a contracorrente: Pioneiras do deporte

Na nosa selección de Mulleres a Contracorrente destacamos hoxe a dúas pioneiras do deporte, Irene Basanta e María Antonina Sanjurjo.





 
Acadar un espazo en contextos masculinos supón un grande esforzo. Irene é un exemplo. Era coruñesa e foi a primeira muller futbolista en Galicia e en España, a primeira dianteiro centro, a primeira gardameta, a primeira capitá, a primeira en xogar nun equipo de homes, a primeira en disputar unha competición de fútbol masculina e a primeira que deu o seu nome a un equipo deportivo.
 
O rol principal da muller no deporte foi o de espectadora. O propio fundador dos Xogos Olímpicos modernos, Pierre de Coubertin, consideraba que “as mulleres no deporte teñen unha función: a de coroaren ao vencedor”. As primeiras manifestacións de deporte feminino aparecen ligadas ás clases altas, que podían practicar aqueles deportes que se consideraban adecuados para a súa naturezafráxil” e delicada. Máis raro era a participación de mulleres en deportes máis transgresores (fútbol ou atletismo, por exemplo)
 
O nacemento do deporte moderno está directamente vinculado ás clases altas, cunha cultura masculina e claramente elitista. Grazas á práctica de certas mulleres da aristocracia irase abrindo pouco a pouco a elas. Tivéronse que superar moitos prexuízos. O primeiro, que as prácticas deportivas estaban contraindicadas para a saúde reprodutiva das mulleres. Tamén se alegaba que ían contra a moral e o pudor, por unha excesiva exposición pública do corpo das mulleres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva