Entre os proxectos máis ilusionantes do ano temos a idea de poñer en funcionamento un espazo para a radio na biblioteca.
Varios son obxectivos que se pensan alcanzar: por una banda, que o alumnado teña ocasión de poñer en práctica cuestións técnicas aprendidas nos módulos máis relacionados coa radio e o son; doutra banda, facilitar á comunidade educativa unha ferramenta para mellorar as capacidades comunicativas, un espazo para o debate e para compartir experiencias.
Así, aínda nas fases iniciais e con todo por facer, o grupo de alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico na modalidade Dual comparten con nós a experiencia vivida xunto co mesmo grupo na modalidade ordinaria na súa visita ao Smart City Word Congress en Barcelona.
Escoitade! E interesante e motivador compartir con eles esta experiencia académica e vital ao mesmo tempo.
Enhorabuena, a los alumnos y a los docentes que participan en este proyecto.
ResponderEliminar