O expurgo da antiga biblioteca pasa primeiro pola entrada do centro, para dar a moitos libros unha segunda oportunidade. Moitas das obras están envellecidas e deterioradas, outras non teñen sentido entre os fondos da nova biblioteca pero de calquera xeito da moitísima mágoa tirar con todo sen darlle unha nova oportunidade. Hai un lote de curiosidades, todas desfasadas, claro, pero que ao mellor atopan oco nas bibliotecas particulares dos membros da comunidade educativa.
Estamos deixando algúns lotes na entrada do centro para que se collan libremente, aínda que se agradece un donativo (en metálico, en leite, en alimentos).
A idea inicial era expurgar todo pero a verdade é que a tarefa produce sentimentos encontrados e provoca reflexións.Se polo menos algún dos exemplares pode ter unha segunda vida ou axudar a outros a sobrelevar a súa xa é bastante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva