Segunda reunión do Club de Lectura para comentar "Fiesta en la madriguera", de Juan Pablo Villalobos, unha fábula na que baixo unha pátina de humor atopamos a violencia máis extrema.
Seleccionamos algúns textos da obra, onde a violencia é especialmente protagonista.
Na conversa aproveitamos para falar de todas as violencias, dos estereotipos de ser "macho", das sociedades patriarcales, onde prima ser "El Rey". Resultou un tema moi acaído para recordar o 25N.
O alumnado levou un pequeno agasallo conmemorativo da data do 25N e, por suposto, unha nova proposta lectora. Neste caso obtamos por unha lectura imprescindible para presentar un novo xénero, desta volta a banda deseñada, Maus, de Art Spiegelman. Reflexionar sobre o holocausto, a sinrazón da guerra segue a ser tristemente necesario. Sorte contar con alumnado comprometido coa palabra e profesorado que acompañe no proceso. Viva o Club de Lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva