3 de xuño de 2024

Irmandamento dos Clubs de Lectura e Roteiro literario

 Non poderíamos rematar as sesións do Club de Lectura dun xeito mellor que facendo unha actividade conxunta co Club do profesorado do IES Blanco Amor. A actividade elixida foi un roteiro do libro O último barco, de Domingo Villar por Moaña e os escenarios da novela. Pola tarde completamos o día visitando a Illa de San Simón, unha experiencia moi interesante que combina historia, natureza e memoria.






 

Foi a primeira vez que fixemos unha actividade conxunta con outro Club e a experiencia resultou inolvidable. Repetiremos seguro!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva