9 de marzo de 2019

Mulleres a Contracorrente: Pioneiras coruñesas

Recollemos nesta entrada a outras mulleres que desde A Coruña fixeron historia. Son nomes máis coñecidos, pero en todos os casos os seus méritos quedaron relegados polo simple feito de ser mulleres.




A primeira enfermeira de saúde pública internacional


Isabel Zendal foi a única muller que participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina da Varíola. A pesar de construír un dos piares esenciais no seu éxito, é a grande esquecida nunha historia escrita por e para homes.

Esta expedición foi patrocinada por Carlos IV e tiña o obxectivo  de levar a vacina ás colonias españolas en América.

Parte do porto da Coruña, e nela participan un equipo médico  e 22 crianzas dos hospicios de Madrid, Santiago e A Coruña. Isabel acompaña estas crianzas na expedición, responsabilizándose do seu coidado.

 
A máis brillante matemática do noso país, viviu allea ao recoñecemento, pese a ser pioneira no campo da álxebra e ter dirixido as teses doutoraies dos máis relevantes matemáticos de hoxe en día.
 
María Wonenburguer é considerada unha das máis importantes especialistas en álxebra, foi a artífice dunha das máis complexas teorías matemáticas  e foi solicitada como directora das teses doutoraies de oito prestixiosos matemáticos de hoxe en día. Foi pioneira en licenciarse en matemáticas, obter unha bolsa Fulbright e ser a única profesora de matemáticas en claustros universitarios unicamente masculinos. Ironicamente, durante o franquismo non lle recoñeceron a tese doutoral que desenvolvera en Canadá, e viuse obrigada a realizar un novo traballo académico. Con 56 anos retírase para cuidar a súa nai.



A novelista, poeta e xornalista culleredense foi unha das primeiras mulleres correspondentes de guerra do noso país, chegando a narrar as dúas guerras mundiais e a revolución bolchevique.
 
Sofía Casanova foi unha pioneira do xornalismo, viaxeira incansable e testimuña dos grandes acontecementos que tiveron lugar na Europa da primeira mitade do século XX. Traballou tamén como tradutora xa que dominaba, ademais do castelán e o galego, outros seis idiomas. A súa produción literaria foi inxente, chegando a ser nominada ao Premio Nobel de Literatura.
 

8 de marzo de 2019

Mulleres a Contracorrente: Activismo social de dúas mulleres vinculadas a Culleredo


Nacida en Culleredo foi unha importante activista galega, sufraxista e presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña. Un exemplo de muller comprometida coa causa da igualdade de dereitos entre os sexos, do acceso da muller á cultura e da súa dignificación.






Esta coruñesa, que pasaba os veráns en Culleredo, na súa farmacia de Santiago dispensaba durante a etapa franquista anticonceptivos sen receita médica, apoiando a decisión libre das mulleres de elixir como e cando queren ser nais 
 
Maruxa foi unha muller humanista, hixienista e, sobre todo, libre. Unha liberdade que se fai ben patente durante os duros e escuros anos do franquismo. Anos de restricións de carácter político, social e cultural especialmente duros para as mulleres. Anos en que está prohibida a práctica do aborto e o emprego de calquera método anticonceptivo diferente ao do ineficaz calendario “ogino”. E anos en que Maruxa, saltando as regras impostas polo goberno, comercializa na súa botica calquera tipo de anticonceptivo sen receita médica (pílula, preservativo…).

Mulleres a Contracorrente: As Mulleres das Encrobas, unha loita colectiva





O conflito das Encrobas, hoxe esquecido da memoria colectiva, resúmese nunha imaxe icónica: labregas á fronte, defendendo as súas terras ante axentes da garda civil, vestidos con tricornio e capa. Os veciños, coas mulleres por diante, enfrontáronse co que tiñan -sachos, paus, galletas ou paraugas-. Houbo agresións, desmaios, carreiras, berros, tensión...e as fotografías tiradas por Xosé Castro, fotógrafo de La Voz de Galicia, fixeron que o conflito ocupase portadas e programas de televisión. A sociedade solidarizouse coa causa e os encerros e manifestacións de apoio foron numerosas. Precisamente a única vítima mortal do conflito foi Emilio Suárez, un estudante da Universidade Laboral que morreu electrocutado cando colocaba unha pancarta no tellado do instituto. Bateu cun cable de alta tensión, propiedade, precisamente, de Fenosa


7 de marzo de 2019

Mulleres a Contracorrente: Celia Rivas e Joaquina García

Destacamos dous exemplos de mulleres que desenvolveron a súa labor en ámbitos reservados aos varóns-

Joaquina García pode considerarse unha pioneira do deseño textil xa que ideou o primeiro traxe da augas



Celia Rivas obtivo o carné de conducir en 1932, convertíndose na primeira muller camioneira de España



Mulleres a contracorrente: Pioneiras do deporte

Na nosa selección de Mulleres a Contracorrente destacamos hoxe a dúas pioneiras do deporte, Irene Basanta e María Antonina Sanjurjo.





 
Acadar un espazo en contextos masculinos supón un grande esforzo. Irene é un exemplo. Era coruñesa e foi a primeira muller futbolista en Galicia e en España, a primeira dianteiro centro, a primeira gardameta, a primeira capitá, a primeira en xogar nun equipo de homes, a primeira en disputar unha competición de fútbol masculina e a primeira que deu o seu nome a un equipo deportivo.
 
O rol principal da muller no deporte foi o de espectadora. O propio fundador dos Xogos Olímpicos modernos, Pierre de Coubertin, consideraba que “as mulleres no deporte teñen unha función: a de coroaren ao vencedor”. As primeiras manifestacións de deporte feminino aparecen ligadas ás clases altas, que podían practicar aqueles deportes que se consideraban adecuados para a súa naturezafráxil” e delicada. Máis raro era a participación de mulleres en deportes máis transgresores (fútbol ou atletismo, por exemplo)
 
O nacemento do deporte moderno está directamente vinculado ás clases altas, cunha cultura masculina e claramente elitista. Grazas á práctica de certas mulleres da aristocracia irase abrindo pouco a pouco a elas. Tivéronse que superar moitos prexuízos. O primeiro, que as prácticas deportivas estaban contraindicadas para a saúde reprodutiva das mulleres. Tamén se alegaba que ían contra a moral e o pudor, por unha excesiva exposición pública do corpo das mulleres.

6 de marzo de 2019

Mulleres a Contracorrente: Elisa e Marcela, un amor imposible


A historia de amor de Elisa e Marcela, considerado o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España, protagoniza o último filme de Isabel Coixet

Mulleres a contracorrente

Co gallo do Día Internacional da Muller 2019 preparamos unha exposición sobre mulleres que levaron a súa vida a contracorrente do establecido, afrontando discriminacións, prexuizos e invisibilización. Moitas delas teñen relación coa nosa contorna máis próxima, xa que naceron ou viviron en Culleredo, Coruña ou lugares moi preto de nós. Algunhas foron recoñecidas nos últimos tempos, outras seguen a ser grandes descoñecidas. Tratamos de reparar esta inxustiza con esta exposición.

Atoparedes un pouco máis de información sobre cada unha delas neste documento